Grupo de Investigación Lingüística Hispánica / Language and Cognition Lab

Liñas de investigación: Fonética e fonoloxía, Variación e cambio, Dialectoloxía, Gramática histórica

É licenciada en Filoloxía Hispánica (especialidade de Lingüística Hispánica) pola Universidade Complutense de Madrid (1987) e doutora pola Universidade Nacional de Educación a Distancia (premio extraordinario en 1993). Foi bolseira predoutoral na Universidade Nacional de Educación a Distancia (1988-1992), profesora titora do centro asociado de Madrid na Universidad Nacional de Educación a Distancia (1994-1995) e Attaché Temporaire d’Enseignement et de Recherche (Profesora Titular Interina) na Universidade de Valenciennes (1995-1996).  É Profesora Titular do Departamento de Lingua española da Universidade de Vigo desde o ano 1996.

O seu traballo de investigación céntrase, fundamentalmente,  no ámbito da fonética dialectal e o estudo das variedades do español, concretamente as americanas e filipinas.

Participou en distintos proxectos de carácter nacional e internacional. Con financiamento de fondos europeos foi membro do equipo  Polyglot-1: a multilanguage speech-to-text and text to speech systems (1988-1989); no ámbito nacional, participou en diversos proxectos financiados polo Ministerio de Educación e Ciencia, como o Atlas Lingüístico de Hispanoamérica (en sucesivas convocatorias, 1989-1998), La lengua española en Filipinas (1992-1995) ou o Atlas Lingüístico del Ecuador (1996-1999 e 2002-2005).

É autora de dúas monografías publicadas en editoriais de recoñecido prestixio (o Consello Superior de Investigacións Científicas e a UNED), así como de artigos publicados no Boletín de la Real Academia Española, o Boletín de la Academia Puertoriqueña de la Lengua española, la Revista de Filología, o  Anuario de Lingüística Española, los Cahiers de L’Institut de Linguistique de Louvain, a Revista de Filología Española, a Revue de Linguistique Roumane, etc.

 

  • Correo-e: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Teléfono: 986 812 334

Grupo de Investigación en Gramática Discurso y Sociedad (GRADES)

Liñas de investigación: Análise crítico do discurso, Diccionarios, Ideoloxía, Minorías

Son Profesora Contratada Doutora no Departamento de Lingua Española da Universidade de Vigo.  Traballei dende o ano 1999 no discurso lexicográfico, especialmente na presenza de ideoloxía nos dicionarios monolingües do español. Participei nos proxectos de investigación BITE (Bibliografía Temática de la Historiografía Lingüística española. Fuentes secundarias) e BICRES IV (Bibliografía Cronológica de la Lingüística, la Gramática y la Lexicografía españolas 1801-1860). Entre os anos 2005 e 2006 tamén formei parte do grupo de Terminoloxía Científico-Técnica de Galicia (TERMIGAL) no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Na actualidade colaboro no proxecto de investigación MILES (Muller, inmigración, lingua e sociedade), financiado pola Xunta de Galicia.

Asistín a diversos encontros científicos para difundir os resultados da miña investigación e publiquei artigos, recensións e libros como La realidad relativa. Evolución ideológica en el trabajo lexicográfico de la RAE (1726-2006) en 2008 ou os artigos "El análisis ideológico del discurso lexicográfico: una propuesta metodológica aplicada a diccionarios monolingües del español" publicado na revista Verba en 2012 ou “De masones, sodomitas, herejes y comunistas: las minorías en la historia de la lexicografía monolingüe española” en Estudios de Lingüística del Español 36 no ano 2015; así como capítulos en diversas obras colectivas (por exemplo, "Un mundo á súa medida. A construción da realidade nos últimos dicionarios da RAE" en Silvia Sez e Montserrat Alberte (ed.) en 2011: O dardo na Academia. Esencia e vixencia das academias da lingua española, Ed. Melusina; ou "Una patria, una religión. Consolidación del estereotipo nacional católico en los diccionarios de la RAE (1770-1843)" en Gaviño e Durán (ed.). 2010. Gramática, canon e historia literaria (1750-1850); por destacar algúns).

Interésame especialmente a análise crítica do discurso. En relación co estudo do dicionario, dirixín o meu traballo na análise de como as ideoloxías dominantes reprodúcense e perpetúan a través do discurso lexicográfico. Asimesmo, centreime no dicionario como elemento fundamental na construción de estereotipos sociais no ámbito panhispánico.

Na actualidade tamén iniciei outras liñas de investigación como a que aborda a análise das pintadas na paisaxe urbana en relación coa representación ideolóxica das minorías a través desta forma de comunicación pública, así como o seu papel na revitalización e defensa de linguas minoritarias en comunidades bilingües. Froito desta investigación presentei en outubro de 2013, xunto co  profesor Fernando Ramallo, algúns dos resultados obtidos ata o momento baixo o título "Muros que gritan: ideoloxías e linguas minoritarias nos espazos urbanos", no marco da International Conference on Endagered Languages in Europe (Minde, Portugal) e publiquei en colaboración con este investigador o artigo “Graffiti y conflicto lingüístico: el paisaje urbano como espacio ideológico” en RILI, XIII (2015), 1 (25).

Outra temática que me interesa é a relación que se establece entre lingua, ideoloxía e muller en canto á construción discursiva do estereotipo feminino ("El papel de los ejemplos en la construcción de estereotipos" en San Vicente e Calero Vaqueira eds. 2012. Discurso de género y didáctica. Relato de una inquietud) e en relación co sexismo lingüístico (Cabeza Pereiro e Rodríguez Barcia. 2013. "Aspectos ideológicos, gramaticales y léxicos del sexismo lingüístico" Estudios filológicos 52).

 

  • Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Teléfono: 986 818 645
  • Webs persoais: 

Grupo de Investigación en Gramática, Discurso e Sociedade (GRADES)

Liñas de investigación: Morfoloxía, Semántica léxica, Teoría de redes 

Estudos

Licenciado en Filoloxía, Universidade de Santiago de Compostela, (1988).

Doutor en Filoloxía, Universidade de Santiago de Compostela, (1994).

Licenciado en Filosofía, UNED, (2006).

Experto universitario en Estatística aplicada, UNED, (2007).

Postos docentes:

Profesor Asociado da Universidade de Santiago de Compostela (1994-95).

Profesor Asociado da Universidad de Vigo (1995-98).

Profesor Titular da Universidad de Vigo (1998- ).

Grupos de investigación

 

  • Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Teléfono: 986 812 357
  • Webs persoais: 

Grupo de Investigación en Gramática, Discurso e Sociedade (GRADES)

Liñas de investigación: Lexicografía do español, Comunicación política: análise do debate como discurso

Doutora en Filoloxía e Premio Extraordinario de Doutoramento pola Universidad Complutense de Madrid. Bolseira de Investigación do Ministerio de Educación e Ciencia no Consello Superior de Investigacións Científicas.

Desde o ano 1999 é Profesora Titular de Lingua Española na Universidade de Vigo, onde imparte docencia en materias como Lexicografía do español e do galego, Comunicación oral e escrita, Comunicación nas empresas e institucións e Redacción de documentos técnicos para enxeñeiros. Publicou algúns libros, numerosos artigos científicos e comunicacións en congresos, nacionais e internacionais.

Desde o ano 2004 dirixe Evágora,  Asesoría lingüística para empresas e institucións. Nese mesmo ano (2004) é nomeada Socia colaboradora do Círculo de Empresarios de Galicia (CFV), no cal impartiu numerosos cursos sobre comunicación.

No campo da comunicación colaborou como experta nos Programas de Formación de P&A Consultoría e Formación S.L (Vigo)  e no Programa de Formación de formadores da Escola Novacaixagalicia de Vigo. Nos últimos anos impartiu máis de 40 cursos e realizou traballos de asesoría  en comunicación escrita en numerosas empresas e institucións, entre as que salientan: Grupo Radio Vigo CADENA SER, GAMESA (Bilbao), ARTAI, Zona Franca de Vigo, Porto de Vigo, APROÍN, ALDESA construcciones (Madrid), CONXEMAR, TSOLAR (Madrid), AQUAGEST (Ourense e Pontevedra), Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos (Madrid e A Coruña), etc.  

En  2012  dirixe o curso “Comunicación en el aula: aprender para enseñar”, organizado polo Campus do Mar da Universidade de Vigo, no que tamén participa como relatora.  Nese mesmo ano participa como relatora no seminario “Comunicación eficaz para profesionales”, organizado por Manuel Campo Vidal na UIMP (Universidad Internacional Menéndez Pelayo).

Desde o ano 2011 dirixe e coordina o Máster universitario en Lingua e Comunicación nos negocios, cuxa fortaleza reside en fomentar o desenvolvemento das habilidades de comunicación  en todas as súas manifestacións: escrita, oral e non verbal. O máster conta con profesorado de alto nivel da Universidade de Vigo, docentes de universidades europeas e profesionais do mundo da comunicación. Na materia de Prácticas colaboran máis de 20 empresas entre as que se atopan: Deloitte, Dosvalor, Radio Vigo Cadena SER, Artai Correduría de seguros, Círculo de empresarios de Galicia, etc.

 

  • Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Teléfono: 986 812 356
  • Webs persoais: 

Grupo de Investigación Lingüística Hispánica

Liñas de investigación: Gramática do español, Historiografía lingüística, Gramáticas misioneras de Filipinas, Ensino de linguas

Joaquín Sueiro Justel licenciouse en Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela con Premio Extraordinario. Catedrático de ensino secundario en excedencia, incorpórase á Universidade de Vigo en 1991 como profesor asociado, na que se doutora no ano 2001. Dende 2003 é Catedrático de Escola Universitaria/Titular de Universidade do Departamento de Lingua Española.

As súas liñas de investigación e docencia son fundamentalmente tres: a historiografía lingüística, a gramática do español e o ensino aprendizaxe de linguas. É docente a tempo completo dende o ano 1996 no Departamento de Lingua Española da Universidade de Vigo. Foi profesor  tamén na Universidade de Santiago de Compostela dous cursos académicos e profesor invitado na Massachusetts University no curso 2003-2004.

Ademais, foi investigador invitado na Universidade de Alcalá, na Massachusetts University, na Miamy University e na Ateneo de Manila University. Impartiu cursos de especialización en centros coma a Universidade Eduardo Mondlane de Mozambique, a Universidade de Bucarest (Rumanía), a Universidade de Puebla (México), a Universidade Católica Portuguesa (da que é profesor colaborador dende o ano 2010) ou a Universidade de Zadar (Croacia). Como conferenciante e participante en reunións científicas ten dictado conferencias e presentado aportacións en centros universitarios nacionais e internacionais como os de  Santiago, Oslo, Sao Paulo, La Habana, Tokio, Hong Kong, Macao, Neu Dehli, Bremen, Tras os Montes e Alto Douro, Braga, Lima, Lingayen e Manila (Filipinas),  etc.

Foi director e Investigador Principal de Proxectos de Investigación e Cooperación sobre a Lingüística española en Asia ou a formación de profesores de segundas linguas, financiados polo Ministerio de Economía e Competitividade e polo Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación.

É co-editor de dous libros de lingüística e hispanismo e autor de seis libros sobre a lingüistica española en contexto colonial, sobre todo referido a Filipinas. Sobre este e outros temas ten publicados dezaséis capítulos de libros e varios artigos, en editoriais de referencia internacional. É membro do consello científico de publicacións do seu ámbito de estudo.

 

  • Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Teléfono: 986 812 370

Tes algunha dúbida?

Se o desexa, pode contactar connosco.