Grupo de Investigación Lingüística Hispánica / Language and Cognition Lab
Liñas de investigación: Fonética e fonoloxía, Variación e cambio, Dialectoloxía, Gramática histórica
É licenciada en Filoloxía Hispánica (especialidade de Lingüística Hispánica) pola Universidade Complutense de Madrid (1987) e doutora pola Universidade Nacional de Educación a Distancia (premio extraordinario en 1993). Foi bolseira predoutoral na Universidade Nacional de Educación a Distancia (1988-1992), profesora titora do centro asociado de Madrid na Universidad Nacional de Educación a Distancia (1994-1995) e Attaché Temporaire d’Enseignement et de Recherche (Profesora Titular Interina) na Universidade de Valenciennes (1995-1996). É Profesora Titular do Departamento de Lingua española da Universidade de Vigo desde o ano 1996.
O seu traballo de investigación céntrase, fundamentalmente, no ámbito da fonética dialectal e o estudo das variedades do español, concretamente as americanas e filipinas.
Participou en distintos proxectos de carácter nacional e internacional. Con financiamento de fondos europeos foi membro do equipo Polyglot-1: a multilanguage speech-to-text and text to speech systems (1988-1989); no ámbito nacional, participou en diversos proxectos financiados polo Ministerio de Educación e Ciencia, como o Atlas Lingüístico de Hispanoamérica (en sucesivas convocatorias, 1989-1998), La lengua española en Filipinas (1992-1995) ou o Atlas Lingüístico del Ecuador (1996-1999 e 2002-2005).
É autora de dúas monografías publicadas en editoriais de recoñecido prestixio (o Consello Superior de Investigacións Científicas e a UNED), así como de artigos publicados no Boletín de la Real Academia Española, o Boletín de la Academia Puertoriqueña de la Lengua española, la Revista de Filología, o Anuario de Lingüística Española, los Cahiers de L’Institut de Linguistique de Louvain, a Revista de Filología Española, a Revue de Linguistique Roumane, etc.
- Correo-e: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
- Teléfono: 986 812 334