Grupo de Investigación en Gramática Discurso y Sociedad (GRADES)
Liñas de investigación: Análise crítico do discurso, Diccionarios, Ideoloxía, Minorías
Son Profesora Contratada Doutora no Departamento de Lingua Española da Universidade de Vigo. Traballei dende o ano 1999 no discurso lexicográfico, especialmente na presenza de ideoloxía nos dicionarios monolingües do español. Participei nos proxectos de investigación BITE (Bibliografía Temática de la Historiografía Lingüística española. Fuentes secundarias) e BICRES IV (Bibliografía Cronológica de la Lingüística, la Gramática y la Lexicografía españolas 1801-1860). Entre os anos 2005 e 2006 tamén formei parte do grupo de Terminoloxía Científico-Técnica de Galicia (TERMIGAL) no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Na actualidade colaboro no proxecto de investigación MILES (Muller, inmigración, lingua e sociedade), financiado pola Xunta de Galicia.
Asistín a diversos encontros científicos para difundir os resultados da miña investigación e publiquei artigos, recensións e libros como La realidad relativa. Evolución ideológica en el trabajo lexicográfico de la RAE (1726-2006) en 2008 ou os artigos "El análisis ideológico del discurso lexicográfico: una propuesta metodológica aplicada a diccionarios monolingües del español" publicado na revista Verba en 2012 ou “De masones, sodomitas, herejes y comunistas: las minorías en la historia de la lexicografía monolingüe española” en Estudios de Lingüística del Español 36 no ano 2015; así como capítulos en diversas obras colectivas (por exemplo, "Un mundo á súa medida. A construción da realidade nos últimos dicionarios da RAE" en Silvia Sez e Montserrat Alberte (ed.) en 2011: O dardo na Academia. Esencia e vixencia das academias da lingua española, Ed. Melusina; ou "Una patria, una religión. Consolidación del estereotipo nacional católico en los diccionarios de la RAE (1770-1843)" en Gaviño e Durán (ed.). 2010. Gramática, canon e historia literaria (1750-1850); por destacar algúns).
Interésame especialmente a análise crítica do discurso. En relación co estudo do dicionario, dirixín o meu traballo na análise de como as ideoloxías dominantes reprodúcense e perpetúan a través do discurso lexicográfico. Asimesmo, centreime no dicionario como elemento fundamental na construción de estereotipos sociais no ámbito panhispánico.
Na actualidade tamén iniciei outras liñas de investigación como a que aborda a análise das pintadas na paisaxe urbana en relación coa representación ideolóxica das minorías a través desta forma de comunicación pública, así como o seu papel na revitalización e defensa de linguas minoritarias en comunidades bilingües. Froito desta investigación presentei en outubro de 2013, xunto co profesor Fernando Ramallo, algúns dos resultados obtidos ata o momento baixo o título "Muros que gritan: ideoloxías e linguas minoritarias nos espazos urbanos", no marco da International Conference on Endagered Languages in Europe (Minde, Portugal) e publiquei en colaboración con este investigador o artigo “Graffiti y conflicto lingüístico: el paisaje urbano como espacio ideológico” en RILI, XIII (2015), 1 (25).
Outra temática que me interesa é a relación que se establece entre lingua, ideoloxía e muller en canto á construción discursiva do estereotipo feminino ("El papel de los ejemplos en la construcción de estereotipos" en San Vicente e Calero Vaqueira eds. 2012. Discurso de género y didáctica. Relato de una inquietud) e en relación co sexismo lingüístico (Cabeza Pereiro e Rodríguez Barcia. 2013. "Aspectos ideológicos, gramaticales y léxicos del sexismo lingüístico" Estudios filológicos 52).
- Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
- Teléfono: 986 818 645
- Webs persoais: