Grupo de Investigación en Gramática, Discurso e Sociedade (GRADES)
Liñas de investigación: Lexicografía do español, Comunicación política: análise do debate como discurso
Doutora en Filoloxía e Premio Extraordinario de Doutoramento pola Universidad Complutense de Madrid. Bolseira de Investigación do Ministerio de Educación e Ciencia no Consello Superior de Investigacións Científicas.
Desde o ano 1999 é Profesora Titular de Lingua Española na Universidade de Vigo, onde imparte docencia en materias como Lexicografía do español e do galego, Comunicación oral e escrita, Comunicación nas empresas e institucións e Redacción de documentos técnicos para enxeñeiros. Publicou algúns libros, numerosos artigos científicos e comunicacións en congresos, nacionais e internacionais.
Desde o ano 2004 dirixe Evágora, Asesoría lingüística para empresas e institucións. Nese mesmo ano (2004) é nomeada Socia colaboradora do Círculo de Empresarios de Galicia (CFV), no cal impartiu numerosos cursos sobre comunicación.
No campo da comunicación colaborou como experta nos Programas de Formación de P&A Consultoría e Formación S.L (Vigo) e no Programa de Formación de formadores da Escola Novacaixagalicia de Vigo. Nos últimos anos impartiu máis de 40 cursos e realizou traballos de asesoría en comunicación escrita en numerosas empresas e institucións, entre as que salientan: Grupo Radio Vigo CADENA SER, GAMESA (Bilbao), ARTAI, Zona Franca de Vigo, Porto de Vigo, APROÍN, ALDESA construcciones (Madrid), CONXEMAR, TSOLAR (Madrid), AQUAGEST (Ourense e Pontevedra), Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos (Madrid e A Coruña), etc.
En 2012 dirixe o curso “Comunicación en el aula: aprender para enseñar”, organizado polo Campus do Mar da Universidade de Vigo, no que tamén participa como relatora. Nese mesmo ano participa como relatora no seminario “Comunicación eficaz para profesionales”, organizado por Manuel Campo Vidal na UIMP (Universidad Internacional Menéndez Pelayo).
Desde o ano 2011 dirixe e coordina o Máster universitario en Lingua e Comunicación nos negocios, cuxa fortaleza reside en fomentar o desenvolvemento das habilidades de comunicación en todas as súas manifestacións: escrita, oral e non verbal. O máster conta con profesorado de alto nivel da Universidade de Vigo, docentes de universidades europeas e profesionais do mundo da comunicación. Na materia de Prácticas colaboran máis de 20 empresas entre as que se atopan: Deloitte, Dosvalor, Radio Vigo Cadena SER, Artai Correduría de seguros, Círculo de empresarios de Galicia, etc.
- Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
- Teléfono: 986 812 356
- Webs persoais: