Grupo de Investigación Lingüística Hispánica
Liñas de investigación: Gramática do español, Historiografía lingüística, Gramáticas misioneras de Filipinas, Ensino de linguas
Joaquín Sueiro Justel licenciouse en Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela con Premio Extraordinario. Catedrático de ensino secundario en excedencia, incorpórase á Universidade de Vigo en 1991 como profesor asociado, na que se doutora no ano 2001. Dende 2003 é Catedrático de Escola Universitaria/Titular de Universidade do Departamento de Lingua Española.
As súas liñas de investigación e docencia son fundamentalmente tres: a historiografía lingüística, a gramática do español e o ensino aprendizaxe de linguas. É docente a tempo completo dende o ano 1996 no Departamento de Lingua Española da Universidade de Vigo. Foi profesor tamén na Universidade de Santiago de Compostela dous cursos académicos e profesor invitado na Massachusetts University no curso 2003-2004.
Ademais, foi investigador invitado na Universidade de Alcalá, na Massachusetts University, na Miamy University e na Ateneo de Manila University. Impartiu cursos de especialización en centros coma a Universidade Eduardo Mondlane de Mozambique, a Universidade de Bucarest (Rumanía), a Universidade de Puebla (México), a Universidade Católica Portuguesa (da que é profesor colaborador dende o ano 2010) ou a Universidade de Zadar (Croacia). Como conferenciante e participante en reunións científicas ten dictado conferencias e presentado aportacións en centros universitarios nacionais e internacionais como os de Santiago, Oslo, Sao Paulo, La Habana, Tokio, Hong Kong, Macao, Neu Dehli, Bremen, Tras os Montes e Alto Douro, Braga, Lima, Lingayen e Manila (Filipinas), etc.
Foi director e Investigador Principal de Proxectos de Investigación e Cooperación sobre a Lingüística española en Asia ou a formación de profesores de segundas linguas, financiados polo Ministerio de Economía e Competitividade e polo Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación.
É co-editor de dous libros de lingüística e hispanismo e autor de seis libros sobre a lingüistica española en contexto colonial, sobre todo referido a Filipinas. Sobre este e outros temas ten publicados dezaséis capítulos de libros e varios artigos, en editoriais de referencia internacional. É membro do consello científico de publicacións do seu ámbito de estudo.
- Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
- Teléfono: 986 812 370