O grupo de investigación Gramática, Discurso e Sociedade (GRADES) está constituído por persoal investigador das áreas de Lingua Española e de Lingüística Xeral da Universidade de Vigo. Ten como principal cometido desenvolver investigación básica e aplicada sobre a linguaxe e as linguas dende unha perspectiva sociodiscursiva e funcional.
A experiencia investigadora do noso grupo comezou no ano 1997. Traballamos fundamentalmente en lingua de sinais española e en lingua española.
Os nosos obxectivos de investigación actuais son:
A descrición da gramática da lingua de sinais española.
A análise da xestualidade das linguas orais a partir das linguas de sinais
A adecuación da metodoloxía e técnicas de ensino de segundas linguas ao ensino da LSE, considerando as particularidades das linguas viso-xestuais.
O ensino do español como segunda lingua para persoas xordas e da lingua de sinais para persoas oíntes.
A adquisición da lingua de sinais e da lingua oral.
A tradución e edición – en lingua de sinais e subtitulado- de textos lingüísticos e descritivos da LS, tanto dende a perspectiva sincrónica como diacrónica.
Aspiramos a elaborar un corpus de linguas de sinais que sexa unha mostra representativa da lingua e que nos permita completar a descrición lingüística da LSE.