Grupo de investigación en lingua española e linguas signadas

 

A experiencia investigadora do noso grupo comezou no ano 1997. Traballamos fundamentalmente en lingua de sinais española e en lingua española.

Os nosos obxectivos de investigación actuais son:

  • A descrición da gramática da lingua de sinais española.
  • A análise da xestualidade das linguas orais a partir das linguas de sinais
  • A adecuación da metodoloxía e técnicas de ensino de segundas linguas ao ensino da LSE, considerando as particularidades das linguas viso-xestuais.
  • O ensino do español como segunda lingua para persoas xordas e da lingua de sinais para persoas oíntes.
  • A adquisición da lingua de sinais e da lingua oral.
  • A tradución e edición – en lingua de sinais e subtitulado- de textos lingüísticos e descritivos da LS, tanto dende a perspectiva sincrónica como diacrónica.
  • Aspiramos a elaborar un corpus de linguas de sinais que sexa unha mostra representativa da lingua e que nos permita completar a descrición lingüística da LSE.

Tes algunha dúbida?

Se o desexa, pode contactar connosco.