Grupo de investigación en gramática, discurso e sociedade
O grupo de investigación Gramática, Discurso e Sociedade (GRADES) está constituído por persoal investigador das áreas de Lingua Española e de Lingüística Xeral da Universidade de Vigo. Ten como principal cometido desenvolver investigación básica e aplicada sobre a linguaxe e as linguas dende unha perspectiva sociodiscursiva e funcional.