MEMBROS

Persoal docente investigador

Licenciada con colación de grao en Filoloxía Hispánica e licenciada en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Diplomada en Estudos Avanzados en Lingua Española, doutora internacional en Lingüística, tras unha estadía de investigación na Universidade de Coimbra, e Premio Extraordinario de Doutoramento pola Universidade de Santiago de Compostela.

Dende 2007 ata a actualidade, participou en diferentes proxectos de investigación en Lingüística española e galega no Departamento de Lingua española da Universidade de Santiago de Compostela (Dispogal), o Instituto da Lingua Galega (Tesouro Informatizado da Lingua Galega), a Real Academia Española (Corpes XXI) e o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Bilegae Informe de Literatura Galega). Tamén impartiu docencia na Universidade de Santiago de Compostela e a Universidad Internacional de la Rioja.

En 2018 incorpórase ao Departamento de Lingua Española da Universidade de Vigo en calidade de profesora asociada.

As súas principais liñas de investigación son a Sintaxe, a Análise do discurso e a Lingüística de corpus. Participou en diversos congresos e eventos de difusión científica de carácter internacional, sendo autora de máis dunha vintena de publicacións, produto da súa actividade investigadora (consultables en http://uvigo.academia.edu/NoeliaEstévezRionegro)

 

  • Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 
  • Teléfono:

Tes algunha dúbida?

Se o desexa, pode contactar connosco.