MEMBROS

Persoal contratado de investigación

Grupo de investigación de lengua española y lengua de signos española (GRILES)

Eva Freijeiro Ocampo é licenciada en filoloxía hispánica pola Universidade de Vigo, donde se especializou na rama de lingua e lingüística xeral (2008-2013). Ademais, ten o título de máster en lingüística aplicada polas universidades de Vigo, Santiago e A Coruña. As liñas de especialización foros Adquisición da lingua e Ensino de Español como lingua Extranxeira. De feito, o sea TFM aborda o estado do efecto da LSE (lingua de sinais española) no desenvolvemento da lingua oral na etapa 0-3, en colaboración co Gabinete e Psicoloxía ARCA.

Dende 2014 pertence ao grupo de investigación GRILES da Universidade de Vigo.

Participou en proxectos de investigación como CORALSE: corpus interuniversitario de lingua de sinais española anotado, subvencionado polo Ministerio de Economía e Competitividade (Ref. FFI2013-49664-P). Tamén e unha das coeditoras da edición multimodal de El Camino de los sentidos.

Na actualidade está no seu 3er ano de tese de doutoramento. Os seus intereses de investigación céntranse no desenvolvemento lingüístico de nenos xordos con implante coclear dende unha perspectiva neurolinguística. O carácter internacional da tese (Universidade de Vigo e Instituto de Ciências da Saúde, Univ. Católica Portuguesa de Lisboa) permitiulle cursar materias do mestrado de Neuropsicoloxía na universidade portuguesa.

  

  • Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Tes algunha dúbida?

Se o desexa, pode contactar connosco.