EQUIPO DIRECTIVO

Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universitat Autònoma de Barcelonae doutora en Filoloxía Románica pola Universitat de Barcelona. Tras a miña experiencia como profesora asociada na UAB e profesora funcionaria de carreira do corpo de Ensinanzas Medias, na actualidade son profesora contratada doutora no Departamento de Lingua Española da Universidade de Vigo.  Asemade fun profesora investigadora invitada na Université Sorbonne Nouvelle. Paris 3.

Liñas de investigación:

Bilingüismo e autotradución

Unha das liñas fundamentais da miña investigación (relacionada cos grupos AUTOTRAD e Seminari d´estudis de les Literatures Ibériques, ambos os dous da UAB e co grupo de Investigación en Historiografía Lingüística e Análise do Discurso, da UVigo) constitúea a reflexión sobre as implicacións lingüísticas e textuais da escritura bilingüe en situacións de contacto. A cabalo, pois, entre a lingüística contrastiva, a sociolingüística e a traductoloxía, e sempre co castelán como lingua de chegada, entre os meus recentes traballos neste ámbito figuran: “Heterolingüismo y autotraducción” publicado en 2015 en Meta : journal des traducteurs,  “La textualización de la diglosia en las autotraducciones intraestatales” en Quaderns : revista de traducció (2015), “Autotraducción y deriva hipertextual”, en Trans. Revista de Traductología, 2016 ou “Panorama de la autotraducción en galicia. la especificidad del trasvase entre lenguas en contacto en contexto diglósico” en Pasavento. Revista de Estudios Hispánicos (2016). 

Lexicografía bilingüe

De 1993 a 1995 fun membro do equipo de redacción da antena española da editorial Larousse. Neste tempo desempeñei o cargo de coordinadora do equipo de traductores ao español dos dicionarios bilingües Larousse Pocket Francés-Español, Español-Francésy Larousse Compact Francés-Español, Español-Francés. Dentro do ámbito da lexicografía bilingüe galego-castelán, participei no deseño e na redacción do Dicionario esencial Vox Galego-Castelán, Castelán-Galego, fun tamén redactora, baixo a supervisión do Centro Ramón Piñeiro, do dicionario unidireccional Diccionario ilustrado Castellano-Galego(1998), publicado por el Diario El Mundoy la Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Dentro do ámbito da lexicografía teórica publiquei traballos como «Análisis comparativo de dous diccionarios bilingües, o Vox Esencial galego-castelán/cas-gal.  e o Larousse francés-esp/esp-fr.», Cadernos da lingua(1999) ou «La especificidad de los diccionarios bilingües entre lenguas en contacto: el caso del diccionario Vox esencial galego-castelán/castellano-gallego» en El diccionario como puente entre las lenguas y culturas del mundo(2008).

Análisis del discurso

O meu interese sobre os aspectos lingüísticos do texto literario fíxome achegar tamén á análise do discurso. Traballei en especial no ámbito da enunciación e a transtextualidade. Entre os meus traballos nesta liña figuran por exemplo: Álvaro Cunqueiro: Unha poética da Recreación, Laiovento, 1997 (libro que foi merecedor do VI Premio Carballo Calero de Investigación Lingüística e Literaria), «La transformación paródica en la obra de Álvaro Cunqueiro » en Semiótica y modernidad (1994) ou oDiccionario da literatura galega, tomo IV, Termos e institucións literarias publicado por Galaxia en 2004.

Traducción literaria e lingüística contrastiva

Outra das miñas liñas de investigación sitúase no ámbito da análise lingüística da tradución de literatura experimental. En 1997 publiquei, en coautoría, a tradución lipogramática ao español da novela La disparition, aparecida co título El Secuestro na editorial Anagrama. Este traballo foi distinguido co Premio Sthendal de Traducción e figurou como finalista do Premio Nacional de Tradución e o Premio Europeo Aristeion. Sobre este traballo publiquei diferentes reflexiones teóricas en revistas como Vasos Comunicantes (1997) ou Viceversa (1999).

Edición

Entre o meu labor de edición comentada, salientan obras como Álvaro Cunqueiro e as amizades catalanas (Edicións do Castro, 2003), Suso de Toro: papeis sobre literatura e identidade (Xerais, 2004) ou A volta da Perdida de Urbano Moledo (Edicións do Castro, 2007).

Colaboraciones periódicas en revistas culturais

De 1999 a 2005 fun colaboradora da sección “El Trujamán” do Centro virtual Cervantes, tamén formei parte do equipo de redacción da revista El Públicopublicada polo Instituto Nacional das Artes Escénicas e a Música e da revista Quimera. Actualmente son coordinadora do suplemento literario ProTextada revista Tempos Novos.

 

  • Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Teléfono: 986 812 367

Tes algunha dúbida?

Se o desexa, pode contactar connosco.